Páginas

domingo, 21 de marzo de 2010

O día que descubrín que na miña torradora estaba contido o mundo.

(Gráfica: Carla Cociña)


Como cada mañá de sábado ou domingo, días nos que dispoño de tempo suficiente, preparei o almorzo: colacao con leite, torradas, manteiga, marmelada de fresa, e zume de laranxa.
Mentres o leite se quentaba, dispúxenme a colocar as rebandas na torradora. No momento de acendela, reparei en que as resistencias non parecían as mesmas que outras veces, non estaban candentes. Achegueime o máis que puiden para conseguir adiviñar a que se parecía aquelo. De súpeto sentín unha forza extrana que me aspiraba cara o interior do aparato e cando me quixen dar conta, xa estaba deitada enriba da rebanda de pan a uns 500 metros de altura sobre o nivel do mar. O aire dábame na cara, e facía que a sensación de vértigo se me esquecera por veces e pasara a ser relaxante. Primeira parada: onde eu queira.
Agora todo sería máis fácil, sabendo que cada mañá podería mergullarme na miña torradora para viaxar a calquera parte do mundo que eu quixera, e nun intre estar en lugares como o Empire State en New York, a Opera House de Sidney, Notting Hill en Londres, o templo Chichén Itza en México, o monte do Corcovado en Río, etc.
Ter o meu mundo metido na torradora faime atoparme a min mesma cada mañá, con forzas para enfrontarme a un novo día...polo menos sentir algo parecido a cando eres neno e te encontras ben, protexido, porque alguén ao que queres moito te aperta moi forte.

2 comentarios:

jalo dijo...

Ah! Pensei que era no ordenata.

arbolenruinas dijo...

A mín gústame moito andar por mundos imaxinarios, cada día estou en cinco ou seis....a fantasía é necesaria e se é a través da torradora moito mellor!!!

b o n i t o ! ! !


chucho