Páginas

miércoles, 21 de julio de 2010

Postman's Park, Alice Ayres e eu

Postman's Park, Febreiro 2008. Jose (fotos)
















Alice foi unha muller inglesa que faleceu durante a Revolución Industrial Británica nun tráxico accidente ao salvar ás súas tres sobriñas de morrer queimadas nun incendio.
O caso de Alice non chegaría a min a non ser pola película Closer de Myke Nichols na que Natalie Portman toma roubado o nome ao ver a placa do seu memorial nun parque do centro de Londres. 
E todo quedaría ahí se non fose que fai algo máis de dous anos, paseando polo centro da cidade, non moi lonxe da catedral de St. Paul's, atopámonos co parque.
Postman's Park transmiteume algo máxico. A sensación foi a mesma que atopar un lugar fermosísimo ao que poucas persoas teñen acceso. Un "mini" cemiterio cheo de vexetación entre edificios en pleno centro de Londres, onde á vez poder ler tranquilamente o periódico sentados nun dos bancos do Memorial to Heroic Self Sacrifice, e descansar do largo paseo observando como nadan en círculo os peixes de cores da súa fonte.
Sen dúbida, un dos lugares que máis sensación de tranquilidade me transmite se me imaxino alí.

No hay comentarios: