Páginas

martes, 28 de septiembre de 2010

C M F W




Fotografía: Laura Baena
Fitting, catwalk, paillettes, look, backstage, kissing room...forman parte da terminoloxía que se escoitou fai uns días nos medios de comunicación co motivo de imformar sobre a Cibeles Madrid Fashion Week, celebrada no recinto de exposicións IFEMA na que se presentaron as "novas" tendencias para a temporada Primavera/Verán 2011.
E digo "novas", entre comiñas, porque esta edición foi especialmente criticada pola escaseza de creatividade, porque todo é máis do mesmo. Debe ser que estamos demasiado afeitos a percibir estímulos externos nos medios e ferramentas de comunicación de maneira que nos saturamos, ou que, debido á crise ou ao aburrimento, os deseñadores nacionais foron dando ás baixas...
Eu particularmente non quero meter a todos no mesmo saco, porque creo (ou quero crer) que ainda existen empresas con valores e filosofía propia, e que son fieis aos seus principios creativos. Cando se comeza a pensar unicamente no comercial, é o principio do fin.
Parece ser que o gran problema débese a que a algúns faiselles a boca auga pensando no negocio da pronto moda, e deberían ter claro que unha firma que presenta prêt-à-porter para determinado sector con nivel adquisitivo medio-alto non pode pretender abarcar o nicho de mercado das grandes empresas de moda low cost, e ao mesmo tempo que non varíe a percepción do consumidor sobre o seu producto.
O resultado e un "quero pero non poido". Unha pasarela que ten a intención de compararse con Londres, París, New York ou Milán, pero que realmente está bastante floxa, en canto a organización, espacio, patrocinadores, etc.
O recorte presupuestario tería algo que ver, pero por onde hai que empezar é polo material que se mostra. Se cremos no que facemos, e no que vendemos, despertaremos o interés no exterior.
Necesítanse ideas frescas, e nunca baixar o nivel, nin a garda. Crucemos os dedos para que en breve esto deixe de ulir a rancio, xa que internacionalmente, ata o de agora, a moda española esté valorada como de alta calidade, e para que esto non acabe hai que seguir tirando do carro.

O sabor de boca que me deixaron as catro edicións ás que tuven a oportunidade de asistir: demasiado postureo e poucas noces.

No hay comentarios: