Páginas

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Fred Perry by Amy Winehouse

Si nos poñemos a pensar nunha marca representativa do look preppy das primeiras que se nos virán á mente será a fundada por Frederick John Perry, considerado unha lenda mundial do tenis nos anos 30.
Non sei que pensaría el sobre que a súa nova imaxe corra a cargo da cantante Amy Winehouse, que acaba de lanzar ao mercado unha colección de dezasete pezas nas que inclúe os clásicos polos, con novos cortes, chaquetas Harrington e faldas lápiz. Todo moi 50's, ao estilo Amy sin deixar de lado a liña de Fred Perry.
Para a presentación, a cantante ofreceu unha actuación exclusiva na tenda da marca en Spitafields, Londres. Amy cantou acompañada polo seu teclista habitual Sam Beste, catro pezas que foron decidindo sobre a marcha. Despois de “Love Is a Losing Game” seguiulle una sublime versión de “Caravan” de Duke Ellington e “Lullaby” de Birland. O sorprendente final chegou con “Don’t Look Back In Anger” de Oasis, na versión de Carleen Anderson, a quen Amy referiuse como “a mellor voz de Inglaterra”.





A colección está á venda de forma única e exclusiva na tenda on-line da páxina web e na tenda física Fred Perry en Spitafields. Podedes botarlle un vistazo pinchando aquí.

Persoalmente, non me acaba de convencer. Non me entusiasman os polos con ese corte halter, pero sí as camisetas sinxelas, a chaqueta de punto negra e a falda, os clásicos que me gustaron sempre de Fred Perry, vamos.

1 comentario:

Cristina Rico Pedrosa dijo...

Estou contigo, Carla. Estíveno mirando a semana pasada...e non me gusta case nada. A verdade é que me decepcionou. E a colección paréceme pequena.

bks