Páginas

viernes, 24 de diciembre de 2010

Cosas que los nietos deberían saber, Mark Oliver Everett



Fai anos que coloco a Eels nos primeiros postos das miñas preferencias musicais. A voz de Mark Everett gústame moito, e a mezcla de sons melódicos con outros máis graves fai que as cancións supostamente tristes teñan matices divertidos e sorprendentes.

Cosas que los nietos deberían saber é a autobiografía de Mark Oliver Everett cantante de Eels. Curiosa a sensación que supón saber cousas persoais dese individuo ao que lle levas escoitando a voz tanto tempo. Durante a lectura do libro é como si estuveses escoitando a alguén que necesita contalo, así que cando rematas o libro botas de menos as súas historias, sobre todo cando a esa persoa non paran de pasarlle desgracias.

Hoxe é 24 de decembro. Mandeille unha mensaxe para invitalo a cear langostinos e coliflor con bacalao na casa de miña abuela, porque creo que se debe sentir só e non o debe pasar moi ben nestas datas.

Mark, se ao final decides non vir, que teñas un bo nadal.


 Aos demáis tamén, feliz nadal!



Canción de hoxe: ahí vai o Mr. E´s Beautiful Blues.

No hay comentarios: