Páginas

miércoles, 10 de noviembre de 2010

SCQ-BCN//BCN-SCQ


12 NOV 2010
SCQ - BCN
N.º DE REFERENCIA PIHPJR
HORA CERRE P. EMBARQUE 13:45
HORA SAÍDA 14:15


Venres 12 Novembro
Chk Chk Chk + Four Tet + Chinese Christmas Cards
Sant Jordy Club

Sábado 13 Novembro
Santa Rita
Sala Monasterio


14 NOV 2010
BCN - SCQ
N.º DE REFERENCIA QEKHGA
HORA CERRE P. EMBARQUE 11:40
HORA DE SAÍDA 12:10

sábado, 6 de noviembre de 2010

Threadless por CrlCrv






































Threadless é unha tenda online de camisetas cunha filosofía de empresa moi peculiar, xa que non só nos permite adquirir os modelos máis orixinais, senón que propón aos seus usuarios que desatemos a nosa creatividade e lles enviemos os nosos propios diseños. De este modo, renóvanse continuamente según os gustos da maioría e se unha camiseta ten éxito, o su autor será recompensado económicamente.

Mandei a gráfica dos Liriófonos para ver si os de Threadless se portan e a imprimen. Se vos gusta, e dispoñedes de 5 segundiños, pinchade para votar aquí antes do venres 12 de Novembro (se vos gusta moito, con 5 puntos...).

http://www.threadless.com/submission/307710/Liriofono

Moitas gracias!!

*Acabouse o tempo para votar. Parece ser que nas primeiras 24 horas debe acadar un nivel de puntuación medio alto e a xente ten que pinchar "I'd buy it". Outra vez será e gracias aos que votástedes.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Fred Perry by Amy Winehouse

Si nos poñemos a pensar nunha marca representativa do look preppy das primeiras que se nos virán á mente será a fundada por Frederick John Perry, considerado unha lenda mundial do tenis nos anos 30.
Non sei que pensaría el sobre que a súa nova imaxe corra a cargo da cantante Amy Winehouse, que acaba de lanzar ao mercado unha colección de dezasete pezas nas que inclúe os clásicos polos, con novos cortes, chaquetas Harrington e faldas lápiz. Todo moi 50's, ao estilo Amy sin deixar de lado a liña de Fred Perry.
Para a presentación, a cantante ofreceu unha actuación exclusiva na tenda da marca en Spitafields, Londres. Amy cantou acompañada polo seu teclista habitual Sam Beste, catro pezas que foron decidindo sobre a marcha. Despois de “Love Is a Losing Game” seguiulle una sublime versión de “Caravan” de Duke Ellington e “Lullaby” de Birland. O sorprendente final chegou con “Don’t Look Back In Anger” de Oasis, na versión de Carleen Anderson, a quen Amy referiuse como “a mellor voz de Inglaterra”.





A colección está á venda de forma única e exclusiva na tenda on-line da páxina web e na tenda física Fred Perry en Spitafields. Podedes botarlle un vistazo pinchando aquí.

Persoalmente, non me acaba de convencer. Non me entusiasman os polos con ese corte halter, pero sí as camisetas sinxelas, a chaqueta de punto negra e a falda, os clásicos que me gustaron sempre de Fred Perry, vamos.