Aínda que non semellan nada pretenciosos, a súa fama aumenta considerablemente en 2008 cando os creadores da serie Gossip Girl utilizan unha das súas cancións para un dos episodios.
Estes islandeses mesturan o folk propio do seu país con notas de indie-pop e rock e o resultado son cancións que poñen os pelos de punta como I'll Build You a Fire, ou que fan agradable o momento como a divertida Arms.
Tiven a oportunidade de velos en directo o pasado mes de marzo na sala Festaal Kreuzberg en Berlín. Foi un concerto animado e mostráronse moi próximos ás case trescentas persoas que formábamos parte do público.
Un dato interesante é que ademáis de facer música esta banda está directamente conectada coas artes gráficas: os seus membros son ilustradores, pintores, etc. Por este motivo a imaxe que transmiten resulta extremadamente coidada, nórdica con toque naïf, sempre facendo referencia á natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario