Páginas

miércoles, 28 de abril de 2010

Lista de cousas que facer na miña seguinte vida

Collage (Carla Cociña)












Co aprendido nesta vida, creo que podo mellorar bastante na seguinte si me acordo de:

-Vivir un ano no extranxeiro.
-Aprender dunha vez a facer croissants(con montón de manteiga), e así poder almorzalos quentiños.
-Aprender a distinguir polo menos cinco clases de peixe (unha vez cociñado).
-Invertir en bolsa os cartos-regalo da comunión, e non volver a deixar que os administre miña mai.
-Acordarme de non facer a comunión.
-Non pasar de voltas as rodiñas do Telesketch (nin destripalo máis tarde).
-Facer o diseño do logo que me encargou Monda fai tres meses.
-Acordarme de non regalarlle a María ningún reloxo (ou sí).
-Ir a clases para aprender a facer o Moonwalker e así non andar rompendo brazos ás sete da mañá.
-Xogar no primeiro equipo nacional de badminton e gañar o ouro en A Fonsagrada 2096.
-Montar aquel grupo de rock-indie-pop-folk-blues-electrónica experimental para o que ensaiamos tanto (Eva, María e eu) nos descansos dos concertos de Paredes de Coura 2009.

Pero sobre todas as cousas non se me pode olvidar convertirme na próxima raíña do pop, desbancar aos Beattles en canto ás cifras de ventas e ser considerada a nova Madonna.

O de dominar o mundo deixoo para a seguinte máis. Ainda así teño a sensación de que se me olvida algo...

martes, 13 de abril de 2010

Foi entón cando apareceu o raposo

"- Non -dixo o principiño- Busco amigos. Que significa "domesticar"?
- É algo demasiado esquecido -dixo o raposo- Significa "crear lazos..."
- Crear lazos ?
- Claro -dixo o raposo- Aínda non es para min máis que un neno parecido a outros cen mil nenos. E non te necesito. E ti tampouco me necesitas. Non son para ti máis que un raposo parecido a outros cen mil raposos. Pero, si me domesticas, teremos necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo. Eu serei para ti único no mundo...
- Comezo a entender - dixo o principiño- Hai unha flor... creo que ela me domesticou...

(...)

- Adeus -dixo o raposo- Aquí está o meu segredo. É moi simple: só se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.
- O esencial é invisible aos ollos -repetiu o principiño a fin de lembralo.
- É o tempo que perdiches na túa rosa o que fai á túa rosa tan importante.
- É o tempo que perdín na miña rosa... -dixo o principiño a fin de lembralo.
- Os homes esqueceron esta verdade -dixo o raposo- Pero ti non debes esquecela. Es responsable para sempre do que domesticaches. Es responsable da túa rosa...
- Son responsable da miña rosa... -repetiu o principiño a fin de lembralo."



 Para recordar de vez en cando que algún día fomos nenos e valorábamos as cousas sinxelas dándolles a importancia que se merecen e obviando as complicacións.

viernes, 9 de abril de 2010

Onde viven os meus monstros

(Gráfica: Carla Cociña)

Segundo se sae da casa de meus avós, xusto en fronte, cruzando a rúa, hai un monte. Alí viven os meus monstros dende hai moitos anos.

Antes só tiña que pasar ao outro lado da rúa para ser a xefa dunha tribu mohicana, viaxar en barco no medio de tormentas e furacáns, ou nunha balsa despois dun naufraxio, visitar o castelo encantado (un pino vellísimo e cheo de procesionaria), sentir o perigo que supón explorar unha selva tropical chea de alimañas, ser arqueóloga, tocar a pedra na que te convertes en inmortal e unha morea de cousas máis.

Ultimamente os monstros non paran de facerme perdidas para que me pase por alí. Creo que botan de menos que sexa a súa raíña...



(Donde Viven Los Monstruos, Maurice Sendak)