Páginas

viernes, 30 de julio de 2010

Contaminación

Fotografía: Fíos, Carla Cociña
















Pregúntome porqué as persoas somos tan limitadas á hora de construir razoamentos, simplistas na maioría dos casos. Cóstanos moito ver as cousas sen proxectalas en nós mesmos e nas nosas propias experiencias e conveniencias.
E o tristemente vaticinable: cantos máis anos se teñen máis se intensifica, porque coa idade crémonos con moita máis experiencia e polo tanto moito máis sabios.
Desgraciadamente a educación e a sociedade ten moito que ver nesto. A contaminación social é o gran problema deste mundo. ¿Como facer para evitala? Creo que fai falla un esforzo diario considerable ao que non moita xente está disposta. Ë moito máis cómodo e reconfortable falar, sentenciar, ainda que non se teña nin puta idea. Total...é GRATIS!!.



A veces quero estar soa ou vomitarlle ao mundo pero non sirve de nada, nada vai cambiar.

martes, 27 de julio de 2010

Existencia
















Un día pola mañá abres os ollos e daste conta de que non estás na mesma casa onde vivías onte, nin coa xente que queres estar, que as paredes están vacías, e vai frío, e sínteste só e perdido. Non te recoñeces, non recoñeces o teu sitio.
Levantarse é o momento máis duro do día. Non queres ver a ninguén nin falar con ninguén. O movemento vertixinoso da xente que te rodea provócache malestar, angustia, porque agora a túa vida pasa a cámara lenta.
Pensas que as palabras carecen de interés, que os demáis rin demasiado. O ruído do exterior vólvese enxordecedor, pero á vez percíbelo moi lonxe.
Na túa burbulla só colles ti, porque só ti te entendes e comprendes o que sintes.
O esgotamento anímico chega, e do aire que respiras parece que unicamente o 10% é osíxeno.
Recordas a túa infancia, sentado nos xeonllos de alguén a quen querías moito e xa non está, e necesitas volver a sentir esa protección. Na túa cabeza aparecen aquelas mans engurradas, que sempre estaban para levantarte se caías, e agarimarte se chorabas.
E pensas nas persoas que che gustaría ver no último segundo da túa vida, e que probablemente non vaian a estar nese instante.
E miras ao aire vendo como as palabras gardadas durante todo este tempo saen polo furado cada vez máis grande do teu corazón e alónxanse voando, mentres ti quedas vacío no tempo e no espacio.

Sí, como un kiwi, cando lle quitas o de dentro e queda só a pel.

lunes, 26 de julio de 2010

Ahora

Porto, Marzo 2010.














Colocarse a certa distancia para ver as cousas, cambiar a perspectiva. Relativizar e obxectivizar na súa xusta medida, dunha forma equilibrada, sin minimizar totalmente a importancia das situacións, pero sí saber plantarlles cara con ánimo estable e con entendemento claro.

E sei o que quero. E doe sentir...

Banda sonora

Monte San Pedro, A Coruña.














Algunhas das cancións que fan que recorde momentos importantes.

Don't Look Back In Anger de Oasis
With My Own Two Hands de Ben Harper
Helicopter de Bloc Party 
Has It Come To This de The Streets
Space de James
Grace Kelly Blues de Eels (no seu defecto, calquera das outras)
Neighborhood # 1 (Tunnels) de Arcade Fire
America de Razorlight
Kill the Director de The Wombats
The Light de The Album Leaf
Time to Pretend de MGMT
Blind de Hercules and Love Affair
Lights and Music de Cut Copy
Stay Close de Delorean
Calquera de For Enma Forever Ago de Bon Iver


A veces a música entra tan dentro que se fai insoportable. Traslada a momentos e lugares do pasado e do presente de forma efímera pero demasiado intensa.
Sorrisos+dor separados no tempo para un mesmo momento.


"La vida no es sino una contínua sucesión de oportunidades para sobrevivir."
 Gabriel García Márquez

miércoles, 21 de julio de 2010

Postman's Park, Alice Ayres e eu

Postman's Park, Febreiro 2008. Jose (fotos)
















Alice foi unha muller inglesa que faleceu durante a Revolución Industrial Británica nun tráxico accidente ao salvar ás súas tres sobriñas de morrer queimadas nun incendio.
O caso de Alice non chegaría a min a non ser pola película Closer de Myke Nichols na que Natalie Portman toma roubado o nome ao ver a placa do seu memorial nun parque do centro de Londres. 
E todo quedaría ahí se non fose que fai algo máis de dous anos, paseando polo centro da cidade, non moi lonxe da catedral de St. Paul's, atopámonos co parque.
Postman's Park transmiteume algo máxico. A sensación foi a mesma que atopar un lugar fermosísimo ao que poucas persoas teñen acceso. Un "mini" cemiterio cheo de vexetación entre edificios en pleno centro de Londres, onde á vez poder ler tranquilamente o periódico sentados nun dos bancos do Memorial to Heroic Self Sacrifice, e descansar do largo paseo observando como nadan en círculo os peixes de cores da súa fonte.
Sen dúbida, un dos lugares que máis sensación de tranquilidade me transmite se me imaxino alí.

martes, 20 de julio de 2010

lunes, 19 de julio de 2010

Tristeza é esto

Gráfica: Carla Cociña



Fai exactamente dous anos escribíronme unha das dedicatorias máis fermosas:


No creo que exista nada más bonito que mi mujer. Nada más bonito que una flor que destaca en medio de millones de flores moviéndose en un verde prado."

Fai dous anos tembloume o corpo, como todos os días ao verte, ao escoitar a túa voz, ao lerte.