Páginas

miércoles, 31 de marzo de 2010

Mousikē, a arte das musas.

(Gráfica: Carla Cociña)

Música, a arte de organizar sensible e loxicamente unha combinación coherente de sons e silencios utilizando os principios fundamentais da melodía, a harmonía e o ritmo, mediante a intervención de complexos procesos psico-anímicos.

Para min é tristeza, alegría, "pel de galiña", nó na gorxa, bágoas de emoción, ganas de rir, imaxinación, obstáculo en momentos malos, axuda para superar momentos malos, ganas de abrazar, sorrisos, amigos, amor, sol, vida, ganas de bailar moito, moitísimo.
É olor a herba a primeira hora da mañá, olor a sol de primeira hora da mañá, olor a marmelada con pan e manteiga de sábado pola mañá coas ventás abertas, verán, palmas coas mans, máis sorrisos.
É complicidade mentres soan cancións que nos gustan e que bailamos coma se ninguen máis existira no mundo.

O meu mecanismo de caixa de música caeu ao chan e non soa.

No hay comentarios: